Sorpresa en Instagram

Atopamos úa nova páxina en Instagram (@falan_gueira) que promete:

Dedicada á lingua galega del territorio eonaviego, descubrimos que pronto haberá palabras, ditos, expresiois e refrais como protagonistas.

Quén ta detrás desta preciosa iniciativa que nos anima a usar a lingua, a conversar, a contar, a compartir palabras?

Ilusionános que se abran espacios como este e que, como Banksy (reacio a aparecer nos medios e realizar as súas obras por sorpresa en lugares modestos, como calexois, rotondas e pontes), detrás deste muro de Instagram se esconda daquén namorado das nosas palabras, que mova conciencias e anime al texido social del Eo-Navia a usalas, compartilas, respectalas e querelas.

Como Banksy, cuxas obras solen ter úa connotación política e de conciencia social, situándolas en zonas de conflito ou en lugares devastados, esta páxina pretende ser un motor que axude a combatir a devastación lingüística, el abandono e tamén el intento desolador de ninguneo e transculturización que se pretende levar a cabo coa nosa lingua -úa variedade da lingua galega, rica, especial e con muitos trazos conservadores que non se deben perder-.

Algún día se desvelará el secreto ou… seguiremos soñando con Banksy?

Seguide á @falan_gueira!

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.