IV Premios Folgueira 2026

Axuntar entrega os IV premios FOLGUEIRA 2026 en Vilanova de Ozcos.

A Xunta Directiva de Axuntar, asociación prá normalización del galego de Asturias, otorga os IV Premios Folgueira, cos que distingue a persoas e instituciois que traballan pola dignificación del galego-asturiano.

​Os premiados nesta edición de 2026 son D. Pablo Quintana López, investigador e divulgador del Patrimonio cultural da nosa terra e responsable da Editorial Canela, e D. Francisco Fernández Rei, catedrático de Filoloxía Románica na USC e coordinador das primeiras Normas Ortográficas del galego de Asturias, publicadas en 1990.

​A entrega dos galardois terá lugar el 10 de outubro de 2026 ás 16:30 horas na Biblioteca de Vilanova de Ozcos, terra natal de Quintana. PuntoGal, entidade xestora del dominio .gal, patrocina esta cuarta edición dos Premios Folgueira, como parte del sou compromiso coa lingua, a cultura e a comunidade galegofalante, independentemente das fronteiras administrativas. El acto contará coa intervención de D. Manuel González González, presidente de PuntoGal, catedrático na USC e coordinador científico del Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades; Xabier Barcia López, profesor na Universidade de Oviedo e experto nos traballos de Dámaso Alonso sobre os Ozcos, e Natalia Jardón Pérez, presidenta de Axuntar.

​Premiados 2026:

Pablo Quintana López, investigador e divulgador da cultura galega, é responsable da Editorial Canela, úa editorial independente centrada en promover a literatura e a cultura galega, e na que ta moi presente a riqueza cultural da comarca fronteiriza de Asturias e Galicia (a terra, a música, a cultura del ferro, os telares, a tradición oral…). Conta coa colección de literatura en galego de Asturias, Filso da Bovia. Concédeselle este premio en reconocemento e agradecemento pola súa constante labor editorial, cultural e de difusión en defensa da lingua e del patrimonio oral e escrito, así como pola súa contribución á dignificación e visibilización da cultura popular da nosa terra.

Francisco Fernández Rei: Catedrático de Filoloxía Románica, formou parte del Instituto da Lingua Galega, foi membro del equipo redactor del Atlas Lingüístico Galego, responsable del Arquivo do Galego Oral, membro da Real Academia Galega e estudoso das falas galegas de Asturias, sendo artífice e coautor das primeiras Normas Ortográficas e Morfolóxicas del galego de Asturias, editadas pola MDGA en 1990 coel apoio das Consellerías de Cultura da Xunta de Galicia e del Principado de Asturias.

​Histórico dos Galardois

A primeira edición, 2023, reconoceu al músico e artista Rodrigo Cuevas e al informático Juan Carlos Riopedre Villa, mentres que Benigno Fernández Braña, primeiro presidente da Mesa prá Defensa del Galego de Asturias, foi nomeado Socio de Honor.

En 2024, o premio recaeu nel investigador e académico Carlos Xesús Varela Aenlle, e el Folgueira de Honor foi para Xoán Babarro González.

Na edición de 2025, os premiados foron el xornalista Xabier Fortes López e el profesor Antonio José Meilán García, distinguido coel Folgueira de Honor.

Un encontro para celebrar el galego de Asturias!

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.