RECORDATORIO: Campaña 100 Rúbricas Contra a ALLA

PARTICIPA

FIRMA PARA QUE A ACADEMIA DA LLINGUA ASTURIANA DEIXE DE ASUMIR COMPETENCIAS QUE NON LLE CORRESPONDEN SOBRE A NOSA FALA

Xa descargado el documento nel voso ordenador, tedes dúas vías de participación:

  1. Firma manuscrita >> envío por correo postal á dirección que aparece nel documento.
  2. Firma electrónica >> envío por correo electrónico a asociacion@axuntar.eu

AXUNTAR presentou el Día das Letras Galegas -na manifestación celebrada en Santiago de Compostela- a campaña #CenRúbricasContraaAlla para que a nosa lingua floreza mil primaveras máis. Así presentaba a campaña a nosa presidenta, Natalia Jardón, na Praza da Quintana:

«Mui buas tardes e gracias por contardes con nosoutros!

Hai dous anos nestos días, lanzamos a campaña “Pararlles os pés” contra el uso continuado por parte del Principado e da Academia de la Llingua Asturiana del termo ilegal eonaviego para referírense al galego propio de Asturias. Como sabedes, a campaña foi un éxito: levamos a nosa reivindicación al Tribunal Supremo e foi admitida a trámite. Desde aquí, enviamos un agradecemento a todas as persoas que apoiaron a causa.

Así, vendo a sorte que tein as campañas que nacen el día das letras galegas, acordamos lanzar outra hoxe que imos chamar “CEN RÚBRICAS CONTRA A ALLA”

Desde AXUNTAR queremos manifestar:

—Que toda a filoloxía dice que as nosas variedades xeolectais forman parte da lingua galega.

—Que a Normalización lingüística del galego de Asturias é competencia legal e obriga moral del goberno e administración asturianas.

—Que el galego de Asturias precisa dúa institución propia: el Instituto del Galego de Asturias, que se encargue da defensa, estudio e normativizaciónda nosa lingua en Asturias, establecendo lazos de cooperación coa Real Academia Galega e demais instituciois e organismos relacionados coa lingua galega, con independencia das fronteiras administrativas.

—Que é de xustiza que os falantes de galego en Asturias teñan os mesmos deretos que os falantes de galego en Galicia.

Por esto, AXUNTAR PÍDEVOS que vos sumedes e apoiedes as nosas xustas reivindiaciois ante el Principado de Asturias, firmando este manifesto. Para que a nosa lingua común floreza mil primaveras máis nas dúas ribeiras del Eo!»

AXUNTAR, asociación prá normalización del galego de Asturias.

Descarga a folla de rúbricas e axúdanos.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.