Trabadeladas VII: As varias altitudes da diglosia (en defensa da lingua castelá)

A Pablo Trabadelo un día dixéronlle que tía un ramalazo ácrata. Antes rexentara un blog ciclopedestre, e despois leu con devezo unha antoloxía dos artigos de Larra. Tentando de non se confundir a súa voz ca liña oficial de Axuntar (protexéndose a sí mesmo do gregarismo e á asociación dos futuribles exabruptos), solicita un couto que lle é concedido, e fala de si mesmo en terceira persoa como un gelipollas pra pechar o… cuadrado.

AS VARIAS ALTITUDES DA DIGLOSIA (EN DEFENSA DA LINGUA CASTELÁ)

Un metro é o que mide de media, a ollo, unha bouza normalía. As queirotas son máis baixas, os toxos andan por esa altura e as uces e xestas supéranal. Cando hai silvas é un silveiro, ente máis caótico, máis hectic, de límites ben máis difusos, máis repunante… Pro que compensa dando amoras, blackberries. Nas bouzas e silveiros deitan corzos, xabariles, bichos que cofan e fozan, respectivamente.

Trinta mil pés son, aproximando por mor da eufonía, os dez mil metros dun volo comercial. Volar, en alto alemán antiguo, decíase fliogan/flihan. Era o que fían os páxaros, por un lado. Por outro, era o que se lle fía a unha pedra, a unha lanza, a unha frecha, e tamén era ‘fuxir’, como no inglés actual (explicamos o estrés como preparación ante un estímulo potencialmente perigoso > arousal fisiolóxico > reacción de fight or fly). Tería, supoño, máis usos metafóricos: andar fliogan de contento, andar flihan ca trosma do primeiro enamoramento, chegar flihen de raudo, e imaxino que, ca afición que lle tein ás somentes de amapola en Centroeuropa, mazcar Papaver somniferum asta ficar fliugan redondo. Non se aplicaba, aínda, ó que fía un bon feixe de persoas metidas nunha aeronave da Lufthansa.

Schwimmveste unter Ihrem Sitz.

Lifevest under your sit.

É, de feito, bastante understandable, ¿non é?

Vestem salvatricem (/ad natandum) sub sede vestra.

Case se entende tan ben en alemán coma en latín. Polo menos eu, neste punto da miña biografía lingüística, e tendol escrito en inglés ó pé do cartel en alemán. Tanto ten, supoño. Estamos aquí, por certo, pra defender a lingua española (motivo atípico na web dunha asociación en defensa dunha lingua minorizada frente ó español… Pero é que sempre hai peixes máis grandes, e as dinámicas polas que se minoriza son as mesmas, e son igual de criticables calesquira que señan as linguas en posición A e B). Como saberá quen teña lidas as trabadeladas previas, levo varios meses cacicando de carreira ciclista en carreira ciclista, incluindo ambientes lusófonos e anglófonos. A primeira quincena de agosto foi a Volta a Portugal, e de aí volei directamente á Volta a Bohemia Occidental: un, poliglotolóxicamente, automatiza certas cousas, e aterricei en Praga decíndolle á xente bom día e obrigado. Pro de seguida virei, axudado por iso da reciprocidade, a good morning e thank you.

Retomando o fío paleolingüísticoi, chámaselle alto alemán á lingua vernácula dos territorios xermánicos tal como se reconstrúe para o periodo comprendido entre os séculos VIII e XI, periodo no que a máis-ou-menos unidade lingüística latina xa fora deixando un mosaico de linguas romances nas que apenas se escribía (consérvanse mui poucos documentos escritos en Romance nesa época). Máis atrás están o proto-xermánico e o xermánico antiguo, o que se supón que falaban aquelas xentes que marcaban a fronteira norte do Imperio Romano, esgalladas despois en falantes de gótico, burgundio, franco ou vándalo, as “tribus da invasión xermánica” que puxeron fin ó de Occidente. ¡Ai, o Imperio! A lingua é compañeira do imperio, como ben intuíu Nebrija, e así chegaba aquel proletariado mercenario da conquista, pacificación e reordenación territorial co seu sermo vulgaris e sorry I don’t speak tartésico fella cando viñan nesta dirección, e sorry I don’t speak protoeslavo fella cando tiraban na outra, protoeslavo > eslavo común > eslavo occidental > checo-eslovaco > checo, e aí foi onde me fun eu atopar nun avión da Lufthansa fliogan (letěti/letati en protoeslavo) camín de Pilsen (Plzen en checo actual, lingua na que solo sei decir pivo e svickova na smetane –en tendo de tal cousa e de tal outra, nin morres de sede nin de fame nin de calor nin de frío nin de pena, obrigado/děkuji–).

Anduven por Pilsen, capital checa do pivo, ca boa fortuna de estar sendo o Festival na ulici 2026 e de eu ter algún momento libre pra escaparme: o traballo mellora se despois hai concerto. Momento recomendación de grupos checos, porque esta é a miña sección e fago o que me peta, sempre na procura del ben común e da sorpresa inesperada. Amáis que este aparente excurso é necesario para o desenvolvemento da trama do texto. Imos logo:

E estos últimos comparten batería cos nosos verdadeiros protagonistas. Un puto dun neno prodixio (non é o que sae no vídeo, por certo). 18 aníos ten o Daniel, igual ca o seu amigo Maty, 18 aníos insultantes. O puto do Maty canta e recita, toca a guitarra, os teclados, a flauta traveseira, o saxo, e todo igual ca unha centella ben calibrada. Tein 18 aníos pero soan como fai 50, no mellor sentido. Elos dicen facer post-all, e tamén. Aquí os mocíos paseándose por Plzen e bisbarra: https://youtu.be/pHOpWWSz69k?si=3n-cn1u__J3IHyCK Pouco me esperaba eu ir traballar cos ciclistas á República Checa e acabar no medio desa torboada estarabouzo ben medido. O disco, Gone, deste ano: https://www.youtube.com/watch?v=s5HoFdKEU18&list=OLAK5uy_mUHb-jcnCLe-hwKgPKXiLA1POzzmDO1j4 Por poñer referentes, soan tamén a The Doors, tamén a Caravan, a Bad History Month ou a Geese, bandas que se me veron ó miolo durante o concerto. Tamén, e por aquí reenganchamos con esta trabadelada hispanista, cando o Maty se puxo nos teclados, soou… granaíno… soou a Falla, soou a rock andaluz.

En consecuencia, e xa que son un notas, ó acabaren o concerto, e antes de que abandoasen o escenario, chamei por el e dinlle un papelín, recortado a mao da mesma libreta na que tomei orixinalmente estas notas, no que constaba o seguinteii:

Díxenlle: “After watching you playing keyboards, these are some spanish references you definitely have to know”.

-¡Ah! ¡Thank you! ¿Are you from Spain?

E respondín que si, que yes, que I am. É o que consta en diversos documentos, non ol escollín, tampouco me estorba, a nacionalidade é un prerrequisito e o fodido é non tela. Está ben recoñecela porque é, xunto co xénero, a racialización, a clase e outro par de cousas, a primeira regra do xogo. Está ben coñecela porque acarrea un sedimento histórico e cultural que modula as ideas previas e as expectativas que terás e terán sobre ti. Está ben disfrutar dos elementos positivos que acarrea, como andar por Europa sen pasaporte nin pedir permiso, e ser crítico cos elementos negativos. Sentir orgullo, en cambio… Sentir orgullo por ter nacido nun sitio ou noutro é como sentir orgullo por medir metro oitenta ou metro cincuenta e catro. Como dice un vecín: ¿explícome e enténdesme?

-¡Ah! Yo estudio español.

E a seguir unha conversa breve e adecuada en español na que soupen da súa edade e fixen saber da fonda impresión causada, rematada co mozo, maos cruzadas sobre o peito en xesto de humildá:

-Estoy… emocionado de que el concierto… te haya gustado.

E voltei cara ó hotel todo contento e acordándome dun artigo de Manuel Vilas no espacio de opinión La Tercera, do periódico… ABC (toma eclecticismoiii), titulado «La lengua susurrada». E é que en dito artigo o escritor oscense propón aquelo que deslicei unhos parágrafos máis arriba de que o español vive, en certo modo, nunha situación de diglosia co inglés, lingua que puntúa máis alto na escala H-CATS (véxase a Trabadelada IV: Notas sobre o reintegracionismo dende o Resu(rrection Fest). Presentación da H-CATS). Critica Vilas a vergonza (cousa taaaaaan española) ca que escondemos as nosas linguas cando andamos polo mundo, adaptándonos encantados a ese good morning co que nos reciben no avión en Barajas ou El Prat. Fóoooodase. Despois énchensenos as bocas que si o español é a lingua titití del mundo e seiscentos millois e nos Estados Unidos é a segunda lingua tras do inglés pero, e maxistralmente esgrime a novela Los santos inocentes do puto crack pucelano, é unha lingua susurrada, é a lingua que borboriñan os probes inmigrantes e fillos de inmigrantes e netos de inmigrantes (se é que estos non a perderon xa, seguindo o proceso clásico da inmigración nos EE.UU.: «La generación inmigrante aprende todo el inglés que puede, pero en casa habla la lengua materna; la segunda generación puede hablar en casa la lengua materna, pero en la escuela y el trabajo se sirve de un inglés sin ningún tipo de acento; hacia la tercera generación el inglés se convierte en la lengua hablada en el hogar, y ya no hay un conocimiento efectivo de la lengua de los padres»iv), currelas do sector servicios que esconden ese signo de baixo estatus que é ser falante de español en segundo qué contextos. E, afirma Vilas, fai máis el polo español ca rebeldía de decir «buenos días», e non «good morning», en todos esos contextos, ca fain «todo el Ministerio de Cultura y el de Exteriores juntos».

Se recordamos que a diglosia é a reserva dos elementos mellor valorados (que puntúan máis alto na H-CATS) do repertorio lingüístico dunha comunidade para os usos percibidos como máis serios ou importantes, deixando os elementos menos valorados para usos máis da casav, e recordando que o nivel de inglés en España, malia ir mellorando cas novas xeraciois, é un querer e non poder (ou querer andar cos tempos e ser cool pero arrastrar séculos de amigos-de-la-inquisición e bernardas-alba que nos fain arrastrar a fonoloxía e a prosodia españolas á nosa forma de falar inglés), dáse unha situación particular. Diglosia sen bilingüismo. Actitude diglósica favorecedora da lingua A sen que unha gran maioría da sociedade poida falar correctamente a lingua A. Unha forma colectiva de subnormalidade intelectual e lesa autoestima.

Outra forma colectiva de subnormalidade intelectual e lesa autoestima (creo que a frase merece parágrafo propio).

E iso, que camiñaba eu a noitiquía agostina da capital de Bohemia Occidental rumiando a sorpresa de topar cun neno prodixio da música checa que resultou ser un bon estudante de español (podía falar español máis ou menos como podía eu cos seus anos falar inglés, ¿de qué cona me sorprendo entón?), e lembrando a defensa antidiglósica do español que fixera Manuel Vilas, e tomei a determinación de intentar (porque os automatismos sonvos malos de cambear) utilizar o español como primeira opción sempre que estuvese no extranxeiro, en todos esos contextos en que, de normal, escollería o inglés. Porque, hostia, con 520 millois de falantes nativos no mundo, 92 millois de falantes con competencia limitada e 25 millois de estudiantesvi vii, é de feito bastante probable que me respondan, ou polo menos que me poidan responder, na lingua dos Benitos e as Rosalíasviii. Tempo haberá pra saltar a ínglix no segungo ou o terceiro turno de palabra. ix

Aproveitei a estancia checa pra facer probas. Cas estiradas das recepcionistas do hotel non houbo forma. Iba decir que xa lles costaba en inglés, pero non é esa a observación correcta: xa lles costaba, a interacción, en xeral. Pero cas azafatas dos volos de volta da Lufthansa si que funcionou o asunto. Na larga fila pra baixar do avión, as azafatas (con toda a pinta de ser alemás) na porta gudvai que te gudvai, e os pasaxeiros, que no 80 % eran checos, xermanos ou españois, ergo procedentes de países nos que o inglés non é lingua oficial, cenquiu que te cenquiu e gudvai que te gudvai. E eu cheguei e dixen «gracias, buen día» e as azafatas sorprendidas que sorrín e me responden «que tengas un buen día». Baixando en Barajas, pero tamén na escala en Frankfurt.

Pequenos xestos glotopolíticos de andar por casa e polo mundo.

iA paleolingüística trata de reconstruir, nada menos, o que se falaba vai muito tempo. Trabállase a partir de restos documentais (evidentemente non orais, porque ás palabras lévalas o vento), que hai que interpretar (por poñer un exemplo rápido, na lingua máis falada actualmente no mundo o fonema /f/, como o do castropolismo* fatedades, escríbese {f} en fail, {ph} en phoneme, {gh} en laugh… imaxinade nun papelaxo notarial del ano mil). A outra fonte principal son as reconstruciois, alicerzadas en leis fonéticas e en comparaciois con linguas emparentadas.

*Non o sentín fóra de castropol e castropolenses. Agradezo corrección se é precisa.

ii Tamén en maiúscula. É un signo de respeto. Como sanitario, estou asta o carallo da letra de médico, e da estrutura de poder e prestixio da que forma parte. Se o que escribes ten que ser lido por alguén e non teis boa caligrafía, teis que escribilo en maiúscula. Existen, evidentemente, condiciois nas que non é posible (penso nesos exames marabillosos nos que escribes oito ou nove carillas en dúas horas… aí quen decidíu que esa é a forma adecuada de mostrar os coñecementos merece o castigo de descifrar esa letra que, na primeira carilla, é redondía tipo Cuadernos Rubio, pero que vai devaluando, como unha metáfora de tantas cousas neste mundo e nesta vida, por exemplo do funcionariado devorando ós seus fillos, asta acabar en minúsculos trazos máis cirílicos que latinos), pero o expedimento dúa receita médica non entra dentro da lista de exenciois. Outro día comento por qué habería que limitar o uso da palabra “doctor” ós casos nos que a persoa é de feito “doctora”.

iii A falta de confirmación oficial, o presente texto é o primeiro no que se xuntan ese periódico calamitoso, a paleolingüística e os Bad History Month, co acrecentamento en fondura e complexidade que tal nova conexión entraña prás tres entidades.

iv Portes y Hao (2000), citado en Blas Arroyo, J.L. (2019). Sociolingüística del español. Madrid: Cátedra, p. 455).

v Un exemplo de aplicación da H-CATS a un edificio representacional sociolingüístico trilingüe sería o seguinte: Alberto (35 anos) pregúntalle á súa filla Arizona (6 anos) que qué quere pra comer. Á pícara tíralle da inmadura gonadalia. Pra expresar dita adscripción momentánea ó concepto nietzscheano do amor fati debe decidir entre tres opciois, sen diferencia semántica entre sí: se quere puntuar o máis alto posible na escala H-CATS, porque estea diante o seu grupo de iguais, dirá «six-seven» e poñerá cara de malota e actitú corporal de paso-de-todo-tío. Se solo al oi Papá igual dice «me da igual» e fica neutra. Se está na casa toda relaxada e de risas igual solta un «tanto ten».

vi Anuario 2025 do Instituto Cervantes.

vii Un par de días despois do concerto fun de cea co meu amigo Petr, compañeiro de piso nos remotos tempos da beca Erasmus, e pregunteille qué linguas estudian na República Checa. Aparte do checo (obvio) e o inglés (obvio tamén), no segundo escalón están o alemán e o español. O ruso, co asunto ese da invasión de Ucrania (4 horas en coche separan os puntos máis próximos de ambos países, o conflito alí nótase), perdeu popularidade.

viii E con esto esgotamos as posibilidades combinatorias (de lingua materna): old Benito era monolingüe castelán, old Rosalía era bilingüe castelán-galego, new Benito é bilingüe castelán-inglés e new Rosalía é bilingüe castelán-catalán.

ix Cabe aquí, creo, introducir unha anécdota que me pasou nun par de visitas que fixen últimamente a Italia. Últimamente significa 2015 e 2017… ¡Cómo pasa o tempo! Antecedentes: vivín alí tres meses en 2012 (a beca Erasmus nomeada fai unhas liñas), e aprendín italiano bastante ben. Algo esquecido arestora, pero recuperable cun par de días de práctica. Pois, sistemáticamente, nos sitios turísticos, eu falando en italiano desvergoñado (desespañolizado) e sendo resposto en inglés (cun sotacazo italiano). E un par de veces preguntei «se io ti ho chiesto in italiano, ¿di dove hai pensato che sono io per rispondermi in inglese?» (‘se eu che preguntei en italiano, ¿de onde pensache que son pra terme resposto en inglés?’), e respondéronme… «non so… americano, ¿non?».

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.