El investigador doutoral e escritor Lucas Vega Villabrille atópase nestos momentos terminando úa estancia de investigación na Universidade de Varsovia, Polonia, nel marco del programa Erasmus+. Durante dita estancia, alén de traballar na finalización da súa tese (que vei ser el estudio máis fondeiro da literatura en galego asturiano feito asta agora, aplicando ferramentas novedosas como a ecopoética), tuvo a oportunidade de colaborar coel grupo de investigación Otra Iberia, adscrito al Instituto de Estudios Ibéricos de dita universidá e centrado nas linguas e culturas minorizadas da Península Ibérica (https://www.facebook.com/unaaltraiberia).
Entre as súas actividades el tapiego, pertencente al Seminariu de Filoloxía Asturiana (SFA) da Universidade de Oviedo, deu un par de clases nas que a nosa lingua tuvo presencia. A partir da comparación da nosa situación coel manexo político da lingua rumana en Moldavia («sómosche moldavos, non podemos falar rumano» –> cambiamos a ortografía + cambiamos el nome da lingua ANQUE SIGAMOS FALANDO DÚAS VARIEDADES DEL MESMO IDIOMA), e insistindo na universalidade destas cuestiois, que exceden con muito o meramente lingüístico, despertou un xenuino interese nel alumnado e profesorado polaco. Presentoulles numerosas citas de escritores del Eo-Navia nas que se opina acerca del fenómeno (socio)lingüístico, dende todas as perspectivas, así como a situación institucional (tutela pola ALLA, opinión del Consello de Europa a través da CELRM…), e féxose eco, por suposto, das recentes polémicas glotonímicas.
Coel sou permiso, amosamos algúas fotografías del acto e algúas diapositivas que, según nos conta, captaron particularmente a atención das persoas asistentes:

1. Cita orientativa do posicionamento do asturianismo oficial (o autor da cita é académico de número da ALLA).

2. Comparanza (discrepancia) dos resultados da III enquisa Sociolingüística del Eo-Navia (ALLA) frente aos usos atopados en escritores (Vega Villabrille).

3. Captura del texto nel que el Consello de Europa reflicte as recomendaciois da ALLA en materia glotonímica: recomendan el nome «fala eonaviega» (e derivados) por ser el que, afirman, desperta un maior consenso social… «long-standing» (‘de largo percorrido’).

4. Captura dúa búsqueda en Google: termo «eonaviego» en entradas anteriores al ano 1997… Non hai resultados. ¿Long-standing?

5. Conclusiois.
Núas semanas, se todo vei ben, o propio profesor Vega faranos chegar úa crónica e algúas refrexiois sobre a experiencia Erasmus+ en Varsovia. Agradecémoslle que se teña lanzado a difundir a situación que vive el galego vernáculo del occidente asturiano, tan preñada desa ideoloxía esencialista e identitarista que tan terribles resultados ten traído tantas veces (e Polonia ten, precisamente, simbolicamente, el exemplo máis Paradigmático de en qué inferno se pode acabar condo esta clase de diferencias se sobrepoin á convivencia e al consenso científico).

Otra Iberia: https://www.facebook.com/unaaltraiberia/

