Palabra de setembre: salmón

Os salmois (Salmo salar) e reos (Salmo trutta trutta) son peixes maríns e de auga dulce da familia dos salmónidos mentres que as truitas (Salmo trutta) son peixes de auga dulce exclusivamente. Son peixes anádromos («ana», arriba e «dromos», correr, porque nadan desde el mar río enriba para desovar) que eclosionan en pequenas correntes de auga dulce, baxan al mar onde viven varios anos e despós volven aos mismos ríos onde naceron, desovan, e pouco despós morren. Condo a femia desova, el macho acércase para depositar el esperma sobre os ovos. A femia pode fer el desove asta en 7 deposiciois. Despós de pasado el tempo correspondente, nacen os salmois conocidos como esguines.

Estudios recentes mostran que al menos un 90 % dos salmois que remontan úa corrente naceron nela. Non se sabe cómo se orientan, pero pode que el sou fino sentido del olfacto reconoza a química del sou río natal.

A cola del salmón é mui flexible, lo que lle permite nadar a velocidades de 50 kilómetros por hora e percorrer us 20.000 kilómetros nos océanos. Este peixe caracterízase por ser el único que ten úa aleta adiposa, de pequeno tamaño ubicada na parte posterior del sou corpo. El salmón ten oito aletas que se distribúen nel lombo e ventre. Tamén dispón da aleta caudal, a máis grande e que cumpre a función de axudarlle a nadar contra corrente (pode felo con úa velocidade promedio de 6,5 km/h). Tein a capacidade de saltar aproximadamente asta 3,7 metros de altura.

Outra curiosidade deste animal tan espectacular son as súas escamas, que nos permiten conocer el número de postas e a idade de cada individuo.

Desde Castropol envíannos estos interesantes datos sobre os salmois: «Nacen nel río e viven un ano nel. Despós baxan al mar e nel Eo-Navia chámanselle «baxegos«. Condo volven al río reciben el nome de «añales» (en asturiano, «mayucos» porque entran a finales de maio). Muitos, despós de desovar, morren de cansancio e polo esforzo de remontar as augas. Os que fain 2 viaxes de ida e volta al mar son xa salmois grandes, dus 5 kg.; se as viaxes son 3, os salmois poden pesar xa 10 kg. e máis«.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.