El ALGa dixital xa á nosa disposición

El Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Barrié presentaron, el 26 de novembre de 2026, el ALGa dixital, úa nova plataforma web que pon al alcance de todas as persoas interesadas úa parte substancial dos materiales dialectales del Atlas Lingüístico Galego (ALGa) recollidos nos anos 70 e que asta agora solo podían consultarse en edición impresa.


A presentación contou coa participación da rectora da USC, Rosa María Crujeiras; a directora da Fundación Barrié, Carmen Arias; a directora del ILG, Elisa Fernández Rei, e el director del proxecto, el profesor Xulio Sousa.

El Atlas Lingüístico Galego (ALGa) é úa das investigaciois máis ambiciosas realizadas sobre a lingua galega, levadas a cabo entre 1974 e 1977 por un equipo del Instituto da Lingua Galega (ILGa) que percorreu el territorio galego e as áreas galegofalantes limítrofes (Asturias, León e Zamora) para recoller as variantes orales de centos de informantes (un total de 167 puntos, dos que 154 corresponden a Galicia e 13 ás comarcas estremeiras de fala galega). Os directores e promotores del proxecto del ALGa foron Constantino García González e Antón Santamarina Fernández; del traballo de campo e del desenvolvemento inicial del proxecto foron responsables Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González, que elaboraron un cuestionario de cerca de 3.000 preguntas sobre fonética, gramática e léxico en diferentes comarcas del territorio galegofalante. Os puntos del traballo de campo das comarcas «exteriores» foron:

Tán publicados asta agora oito volumes:

I Morfoloxía verbal (1990),

II Morfoloxía non verbal (1995),

III Fonética (1999),

IV Léxico. Tempo atmosférico e cronolóxico (2003),

V Léxico. O ser humano (I) (2005),

VI Terra. Plantas e árbores (2015),

VII Léxico. O ser humano (II) (2020) e

VIII Léxico. O ser humano (III) (2025).

El actual proxecto del ALGa dixital, con cerca de 900 mapas interactivos e datos descargables, supón un salto cualitativo e permite xa acceder -dúa forma áxil e intuitiva- á información que asta agora taba dispoñible fundamentalmente a través dos volumes impresos del Atlas. Os datos poden descargarse completos para seren editados e traballados con programas de tratamento de datos e sistemas de información xeográfica (SIX), algo que lo diferencia doutros recursos similares.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *