Regueifando na Veiga

El espectáculo de Territorio Regueifa chegará á Veiga el día 28 de novembre núa nova parada da xira que ta levando a improvisación oral galega a outros territorios.

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura, ás 20:30 h.

Despós da súa primeira saída de Galicia, con tres funciois en Euskadi, Territorio Regueifa continúa el sou percorrido fóra del país e feirá parada esta semana en Asturias, na Veiga e tamén en Xixón (el 27 de novembro ás 19:30 h.), dúas citas que achegarán a novos públicos a tradición oral galega a través del teatro, a música, el humor e a improvisación.

Dirixido por José L. Prieto e protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira, é úa proposta que reivindica a forza da palabra e a capacidade da regueifa para dialogar con novos contextos sen perder a súa reiz popular.

El espectáculo conta con dous regueifeiros e úa regueifeira e combina úa parte didáctica (orixes da regueifa) con escenas teatrales, coa primeira regueifa da historia, coa incorporación da muller nel mundo da improvisación rimada e cun telexornal da TV galega en verso.

El público participará de forma activa recibindo úa clase de iniciación á improvisación oral cantada, que terminará con úa gran festa musical.

Vamos cantar señores,
empecemos as regueifas,
sonche propias da cultura
igualito que as feiras.

(Lupe Blanco)

A regueifa é un bolo de pan, propio das vodas, feito con faría de trigo, ovos, manteiga, azucre e ás veces adornado de lambetadas, que podía ser disputado de dúas maneiras: improvisando cantigas de porfía ou bailando úa muiñeira de puntos moi difíciles e artísticos. A regueifa era entregada pola noiva á persoa vencedora na disputa e esta quedaba encargada de repartila entre as solteiras e solteiros asistentes. Ás persoas participantes nel xogo chámaselles regueifeiras ou regueifeiros e esta forma acabou por ser utilizada para denominar a todos aquelos que, con bolo ou sen el, núa voda ou en cualquera outra circunstancia, compiten coa palabra para demostrar a súa agudeza e capacidade de improvisación.

Estes desafíos rimados hailos en todas as culturas e desde tempos mui antigos. Polo que a Galicia toca, e segundo nos conta Carré Aldao na súa Geografía General del Reino de Galicia, «a aseveración inmemorial de historiadores e xeógrafos romanos conta que, nel país galaico, as femias levaban a palma en improvisar cántigas, sendo as súas composiciois verdadeiros poemas de delicado sentimento». Improvisar poesía é úa práctica antiga e mui estendida, que podemos relacionar coas orixes das literaturas grega e latina e, dentro da tradición literaria galega, coas tenzóns (disputas entre xoglares e trobadores) que conocemos da lírica medieval. Na actualidade mantense viva, ademais de en Galicia, en Turquía, nel Sáhara, nalgúas zonas de Iberoamérica, nos Balcáns, en Gales –Cymru en gaélico– ou en Euskal Herria -os famosos bertsolaris-. Así mesmo tamén se poden oir en Portugal, denominados cantares ao desafío; nel Brasil e Colombia, chamados repentistas; na Arxentina e no Uruguai onde hai un desafío entre payadores, mais a temática é seria e máis poética; e na comunidade negra dos Estados Unidos onde hai algo similar:The Dozens.

Somos | Regueifa. Esta páxina ten a intención de abrir úa ventá a todas as persoas interesadas nesta vertente da improvisación oral rimada.

Sechu Sende: «O rap vén sendo unha evolución da regueifa en Nova York».

Xosé Luís González Sende (Séchu Sende) defínese como regueifeiro, mestre e domador de pulgas. Busca coa regueifa estender el uso del galego e cambiar el mundo mediante a palabra e a creatividade artística. «A palabra é o que nos configura. Somos as nosas palabras.» «E descubrín que a regueifa é un superpoder para mover o mundo!»

Desde esta páxina damos os parabéns al Concello da Veiga por abrir a porta a espectáculos como este!

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *