Finca El Cabillón: pola ecoloxía e a inclusión

El Cabillón é un proxecto innovador e imaxinativo del noso territorio. Trátase dun proxecto de produción agroecolóxica radicado núa finca cedida polo Concello de Tapia e impulsada desde 2006 pola Fundación Edes.

Esta idea naceu gracias a un grupo de profesionales del colexio EDES de Educación especial (constituído como cooperativa en 1992) e das familias implicadas. El presidente da Fundación Edes, Antonio García, comenta que primerio crearon a Fundación e en 2005 homologáronse como Centro Especial de Emprego e organizaron el primeiro curso de Agricultura para persoas con discapacidade porque se deron conta de que non había expectativas laborales para el sou alumnado noutras empresas.

Comentan ilusionadas e con orgullo os éxitos conseguidos a través del Centro Especial de Emprego, como que máis de setenta persoas con discapacidade da Comarca conseguiron un emprego. Ademais desde el Centro se sigue traballando para que el alumnado encontre outras oportunidades noutras empresas del territorio e tamén se realizan programas de acompañamento para el emprego personalizado (por exemplo -entre outros-, el conseguido por un dos sous alumnos que aprobou as oposiciois del Principado que ta traballando como celador nel hospital de Xarrio).

Dispoin de nove hectáreas e doce invernadoiros e as súas funciois primordiales son ofrecer alternativas laborales a persoas con discapacidade e a concienciación medioambiental. Alí cultivanse: arandos, col, repolos, berzas, coliflor, espinacas, acelgas, allos, arvellos, boniatos, cenouras… pero tamén hai flores, crisantemos para celebrar a festa de Todos os Santos, e úa pomarada. Ademais fan zume de mazá, marmelada de arandos e salsa de tomate, produtos que comercializan na tenda que funciona desde 2013 nas instalaciois del Cabillón.

Priorizan os canales cortos de comercialización e abastecen na Comarca a varios grupos de consumo locales (úa clientela fiel), a familias e consumidores que compran periodicamente -ou que reciben a domicilio- úa cesta de produtos de temporada. Tamén venden en dous mercados locales nos que tein presencia semanal.

Nel proxecto ta implícito el lema «Da granxa á mesa» (saltándose a cadea de intermediarios, lo que abarata el coste) que é úa estratexia europea dentro del pacto verde que lo que pretende é cambiar el modelo de sistema alimentario. Queren que para el 2030 el 25% da superficie agraria seña de produción ecolóxica. Tán «empeñados en desmontar a crenza de que os alimentos producidos de forma sostible e sen produtos químicos son solo para as élites».

As persoas impulsoras da Finca El Cabillón «cultivan a egroecoloxía imaxinativa, comprometida e concienzuda e a labranza medida para non perder ningúa acepción da sostenibilidade (nin a económica, nin a ecolóxica nin a ambiental)». E trasladan úa petición:
«Si miramos el etiquetado y la procedencia de los alimentos que consumimos y si  tomamos conciencia de que sean de producción local, estaremos ayudando a fijar población en nuestros pueblos, apostando por que más personas puedan ganarse la vida produciendo alimentos y generando riqueza en nuestro entorno… Y estaremos contribuyendo también a la protección de la naturaleza, a preservar la diversidad genética, a la protección de los recursos naturales, del agua y de los suelos, imprescindibles para la vida, y como no, a la salud de las personas que los producen y la del conjunto de la población. Pero para que en nuestros pueblos siga habiendo oportunidades para las personas, es importante que todas tomemos conciencia de nuestro papel individual y colectivo en el cambio.»

Esta é a súa páxina web, onde se pode entrar para ver os sous produtos e a forma de compralos, tanto na tenda como on line.

Este proxecto colectivo tan importante e innovador dentro del territorio del Eo-Navia encuádrase na economía social porque pon nel centro da economía as persoas, busca soster vidas dignas, coidar e coidarnos nel medio rural.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *