

A biblioteca municipal de Vilanova de Oscos acolleu el pasado 10 de outubre de 2026, ás 16:30 horas, el acto de entrega dos IV Premios Folgueira. A cita, organizada pola Asociación prá normalización del galego de Asturias, Axuntar, coa colaboración de PuntoGal, foi un completo éxito de asistencia e un acto cargado de momentos mui emotivos.
Nel acto rendiuse homenaxe a Pablo Quintana -polo sou traballo como editor, investigador e divulgador da cultura material e inmaterial del Eo-Navia- e al catedrático de Filoloxía románica Francisco Fernández Rei -polos sous traballos na defensa e estudio da lingua e por ser un dos redactores das Primeiras Normas Ortográficas e Morfolóxicas del galego de Asturias-.
Tamén tuveron presentes: el Presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, quen manifestou el sou deseo de celebrar algún acto na sede da Fundación; el Presidente da Real Academia da Lingua Galega, Henrique Monteagudo, e el teniente alcalde de Vilanova de Oscos, Iván Prieto Rigodeseves.

Na foto, de esquerda á dereita: Quique Roxíos, Xabier Barcia, Manuel González , Pablo Quintana, Natalia Jardón, Paco F. Rei, Henrique Monteagudo, Quique Costas, Anxo Angueira e Carlos Varela Aenlle.
Durante el evento reconoceuse a traxectoria de Francisco Fernández Rei e de Pablo Quintana López. As intervenciois dos participantes combinaron el rigor histórico, a investigación dialectolóxica, a investigación sobre música tradicional e etnográfía e a reivindicación da dignidade del idioma galego que se fala en Asturias.
Intervenciois:
Natalia Jardón Pérez, presidenta de Axuntar, puxo en valor a relevancia histórica e identitaria de Vilanova de Oscos e reivindicou as primeiras Normas ortográficas e morfolóxicas del galego de Asturias (1990) como úa ferramenta pioneira concebida especificamente para os falantes desta comarca. Asimismo, sinalou a incongruencia de que instituciois alleas al idioma (a Academia de la Llingua Asturiana) pretendan tutelar a lingua propia del Eo-Navia sin ser consultadas as entidades ás que sí atañe dito idioma (a Real Academia Galega, el ILGa, el RIDEA ou a Universidade de Oviedo).
Xabier Barcia López centrou a súa intervención na análise lingüística dos documentos notariales medievales del Monasterio de Santa María de Vilanova de Oscos (S. XII e XIII). Apoiándose en transcripciois del Archivo Histórico Nacional, subrariou a existencia de topónimos, antropónimos e estruturas gramaticales que demostran a continuidade del Romance escrito galego-portugués nos documentos históricos del monasterio.
Manuel González González (PuntoGal) reivindicou a significación del dominio .gal como un espacio dixital común para toda a comunidade lingüística, máis alá das fronteiras administrativas. Mostrou el compromiso de PuntoGal para colaborar coa asociación Axuntar e propuxo medidas de dinamización institucional; favorecer a recepción dos medios públicos autonómicos; el uso vehicular da lingua na enseñanza local e a atención na administración pública.
Quique Roxios (Asociación Axuntar) glosou a figura del galardonado Pablo Quintana calificándolo como un «custodio da memoria colectiva». Destacou a súa aportación á música tradicional, a investigación de instrumentos populares, el traballo audiovisual, el sou labor periodístico en Radio Nacional de España e a fundación da Editorial Canela. Remarcou el valor de iniciativas editoriales como as que recollen as cultura del ferro, tan importante na comarca, ou a colección Filso da Bobia para difundir a literatura en galego de Asturias e recalcou que a cultura popular non é úa peza de museo pra mirar con nostalxia senón un patrimonio vivo cargado memoria, de identidade e futuro. Pablo enseña a mirar cos ollos del respecto e da autoestima- dixo el poeta.
Discursos dos galardonados
Pablo Quintana López, al recibir el galardón nel sou poblo natal, expresou a súa emoción e gratitude recordando pasaxes da súa infancia en Vilanova, el labor de recolección etnográfica coel sou padre e os testimonios dos vecíos. Ademais de regalar aos asistentes exemplares del Informe sobre los Oscos editado por Canela, fixo un chamamento emotivo ás familias para seguir falando e contando historias -na fala propia- ás novas generaciois e así non perder as reices.
Francisco Fernández Rei, tras agradecer el reconocimento e a presencia da súa familia nel acto, repasou 40 anos de compromiso coel galego de Asturias; recordou fitos clave como as enquisas para el Atlas Lingüístico Galego feitas en 1976, a creación da Mesa prá Defensa del Galego de Asturias en 1988 e a redacción del Estándar ortográfico en 1990. Como colofón, fixo entrega á organización dun agasallo: máis de 1.500 fotogramas históricos da documentación del Monasterio de Oscos recompilados durante as investigaciois de Xoán Babarro.

Premios Folgueira 2026, esculturas de Javier Cancio, ceramista castropolense.
