A Pablo Trabadelo un día dixéronlle que tía un ramalazo ácrata. Antes rexentara un blog ciclopedestre, e despois leu con devezo unha antoloxía dos artigos de Larra. Tentando de non se confundir a súa voz ca liña oficial de Axuntar (protexéndose a sí mesmo do gregarismo e á asociación dos futuribles exabruptos), solicita un couto que lle é concedido, e fala de si mesmo en terceira persoa como un gelipollas pra pechar o… cuadrado.
Patria Pogromo
Este 8 de setembre pasei un Día de Asturias ben atípico. O primeiro que fixen foi tentar de actualizarme un pouco co asunto de Ceuta. Pasadas unhas semanas, amortiguado o impacto das imaxes, é bon momento pra racionalizar. ¿Racionalizar? ¿Estas merdas? Si, supoño, abstraéndose das persoas e das vidas, das cadeas de casualidades que levaron a us a empolicarse nun espigón pra se salvar, e a outros a queimarlles os aveiros pra salvar Ceuta e España e consecuentemente Asturias tamén, e a outros a mirar máis e mazar menos do que fixeron na última etapa da Vuelta a España do ano pasado, e a outros a ser enterrados sen identificar no cementerio musulmán da Ciudade Autónoma. Abstraéndose da intrahistoria, da historia micro que berra e sangra, é dado e doado ascender racionalmente asta o sistema podre da historia macro. Alí non se sinte berrar a naide (tampouco en Pastur, lugar recóndito), nin cheira a fume.
Cun gusto racional lin do Gran
Marruecos. Lin que non se discute que o país está aí
pra realizar o proxecto
previo
da Patria.
O Día de Asturias. O oito-ese (o símbolo do infinito é un oito deitado… ¿é o oito-ese ese oito?). No afán itinerante dos actos de celebración do día da patria asturiana (porque asturiaaaaaaaaaaaaas es mi patriaaaaaaaaaaaaa y sinceraaaaaaaaaa es su banderaaaaaaaaa… astuuuuuuuuriaaaaas patria queridaaaaaaaaaaaaa) este ano asturias abrazou el eo
asturias acordouse de que chega al eo e abrazou (como quen se abraza un pé) ~ asturias chegou ós concellos bañados polo eo e abrazou (como quen abraza a un vecín)
puxeron estatuas con motivos eoicos coroadas de cruces-da-vitoria-oversize e organizaron movidas
cada estatua é a mazadura resultante dun abrazo sospeitosamente forte
cada estatua é unha bomba no campo de batalla dos símbolos
foron desprazados periodistas que entrevistaron a persoas recónditas que afirmaban a súa asturianidá. ningúa falou en vernáculo na tele
foron desprazados periodistas que entrevistaron a persoas desprazadas dende a asturia non
recóndita que fliparon ca área recreativa de santirso. algúa falou n’amestáu
foron desprazados periodistas que grabaron ó capitellum de brincadeira pola beira dun eo mui
elba, dun eo mui rhin. falou en español
o capitellum foi desprazado á ermita de pastur, co conseguinte cabreo do señor capelán de
covadonga. alí oíu misa e puxo aquel recóndito enclave no mapa da identidá asturiana da lei
inminente (o símbolo do infinito é tamén a hélice dun Junker JU-52 conxelada no momento
exacto do expulsivo dunha bomba que, deitadía igual ca un oito-deitado, é tamén o símbolo do
infinito, e non hai nada tan inminente como unha bomba, por tanto todo o inminente está
indefectiblemente conectado ca e contido na novela Matadero 5, incluíndo especialmente
todas as leis de identidá)
o presidente de asata publicou un chío conmemorativo en linkedin
conmemora qué. conmemora
que en covadonga (perdón, cOVADONGA non sei perdón alguna cosa está anant malament)
comezou a segunda era de españa
a cousa esa que patriotas defenden queimando as sombrillas
de praia
de palla
da praia ceutí
nunca tan europea
nunca tan africana
coma hoxe.
a segunda era de españa ten o mesmo
valor de verdade
ca o gran marruecos ~ a gran alemania ~ a galicia nazi de vicente risco ~ a euskadi nazi de
sabino arana ~ a cataluña nazi de prat de la riba ~ a asturia non muito menos nazi de andecha
astur ~ do pesoea ~ de agayo eonaviego
o mesmo
ca ser cristiano vello na castela contrarreformista
o mesmo
ca o concepto de patria que defende unha gran maioría ciudadá
o mesmo
ca sentirse asturiano-hasta-la-médula.
fiquei triste. sinto este oito-ese
∞
día de todos os pogromos

