A zarreta *, abadexo ou badexo (Pollachius pollachius) é un peixe marín da familia dos gádidos, de cor tirando a verde nel lombo e prateada nos costados, que vive en fondos rochosos asta os douscentos metros de profundidade e que pode chegar a medir máis dun metro de lonxitude.
En Ortigueira (Coaña) el nome deste peixe é badeixo ou badeixa, dependendo del sou tamaño. Desconocen el nome zarreta e coméntannos que sí existe el substantivo farreta, pero que é un peixe parecido al farro e á maragota.
Os nomes dos peixes ofrecen muitíiiiiisima variedade dun lugar a outro. Dentro da marabilla léxica «A CHAVE», nel sou apartado para os NOMES DOS PEIXES, aparece esta introdución aclaratoria:
«A primeira e máis importante fonte de documentación para a elaboración deste recurso léxico foi o acervo
lingüístico galego. A respecto dos nomes dos peixes, a lingua galega dispón de moitísimos nomes, tanto
xenéricos (que se usan para varias especies parecidas) como específicos (que designan unha única especie).
Procurouse así mesmo no galego de Asturias, que presenta moito paralelismo coas denominacións usadas
para os peixes na Galiza. Por pórmos algúns exemplos, son nomes vernáculos galegos vivos na fala».
E para a «nosa zarreta» aparecen os nomes seguintes:
badexo (ou badexo do Atlántico) / Var.: badeixo, badeixa, badexa, abadexo, abadexa
mico : badexo moi pequeno
queimado ou queimada : badexo moi pequeno
zafranelo : badexo pequeno
pimenteira: badexo pequeno
limosa : badexo pequeno
chisga : badexo pequeno
corvelo : badexo pequeno
corovelo ou curuvelo : badexo pequeno
paliota ou paleota: badexo pequeno ou mediano
cerreta, zarreta, sarreta ou ferreta: badexo mediano
badexeiro ou abadexeiro : aparello ou rede para pescar badexos (ou abadexos).
* Como curiosidade, nel dic da RAG a palabra ZARRETA remite como forma recomendable a CERRETA, pero non é un peixe, senón úa ave (Gallinago gallinago) da orde dos caradriformes.

