Colleita de opiniois: Réquiem por Méndez Ferrín

Por QuIQUE ROXÍOS

Réquiem por Méndez Ferrín dende a Asturias de idioma galego


El 29 de xeneiro de 1989 celebrouse en Santiso de Abres a primeira Asemblea Xeral da Mesa prá Defensa del Galego de Asturias (MDGA) na que se acordou, entre outras cousas, reclamar das autoridades asturianas a incorporación del galego como asignatura  obrigatoria  desde a primeira etapa de escolarización.

 

Ese día os máis de douscentos participantes tuveron acompañados por destacados escritores e poetas en lingua galega: Darío Xohán Cabana, Manuel María, Loís Diéguez, Paco Martín -Premio Nacional de Literatura Infantil- e Xosé Luís Méndez Ferrín, el máximo renovador da literatura contemporánea en galego e importante  referente  intelectual na modernización política de Galicia.

 

Este último autor, Xosé Luís Méndez Ferrin, foi motor -al acabo del mesmo ano- del I Congreso da Lingua e a Cultura galegas en Asturias, León e Zamora celebrado en Celanova, nel tempo de Nadal de 1989, financiado polo Clube Cultural Adiante —que entón presidía Ferrín—, el apoio da CXTG-IN e del patronato Curros Henriquez e coa axuda da Dirección Xeral de Política Lingüística e da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Neste Congreso asinouse el Manifesto das Comunidades de Lingua e Cultura Galegas de Asturias, León e Zamora.

 

Méndez Ferrín, tamén participou  como ponente nas I Xornadas da Lingua e da Cultura Galega de Asturias; na busca das raíces da Terra Navia-Eo. Homenaxe a Dámaso Alonso, que el 15 e 16 de decembro de 1990 foron organizadas en Grandas de Salime pola MDGA.

 

 

 

Méndez Ferrín, núa Grandas aterecida por úa enorme nevarada, prendeu un lume de abeiro da cultura na súa ponencia sobre a importancia del bibliófilo e activista cultural de raíces castropolenses, Fermín Luís Penzol-Labandera. El escritor ourensán explicou que el que fora cofundador da Editorial Galaxia siguía sendo un referente na defensa del idioma gracias á Fundación que leva el sou nome. Esa fundación ten como úa das súas encomendas cuidar el tesoiro bibliófilo entregado por Penzol á Editorial Galaxia e que florece como biblioteca aberta ao público, xotas verdes e flores que Méndez Ferrín nos mandou erguer como estandartes: — Na soedade dos Oscos, no verdor indeleble das ribeiras do Eo, agrupémonos en Fermín Penzol con aqueles teimosos labregos e mariñeiros que mantiveron un cachote de patria sen desmaio. Saudemos en Fermín Penzol o fillo da Galícia irredenta- se as hai xa redimidas- e ergamos ramos, puños, cualquera cousa de ledo e popular polos seus libros situados ao servicio de todos. Do futuro—.

Hai que decir que a segunda edición destas Xornadas celebrouse el 12 de decembro de 2025 nel salón de actos del Departamento de Filoloxía Española da Universidade de Ovieu/Oviedo, promovidas pola Asociación Axuntar, coa colaboración da Universidade UniOvi e coordinadas polos Doutores Natalia Jardón Pérez e Ramiro Xabier Barcia López.

Desgraciadamente el pasado 18 de novembro fóisenos Ferrín, un luitador da estirpe dos que nunca se rinden e nunca foron vencidos e, dalgún xeito, quedamos orfos todos os que amamos el idioma galego e soñamos un mundo nel que os deretos lingüísticos señan respectados.


Dende Axuntar, colectivo asturiano pola normalización del galego de Asturias del que formo parte, sentimos un pesar enorme polo falecemento, onte 19 de novembro, de Xosé Luís Méndez Ferrín, e despedimos con tristeza a un gran luitador polo galego das nosas ribeiras e valles. De feito regalounos un artigo de opinión Falar entre Eo e Navia, publicado na nosa web, axuntar.gal,  el 15 de outubro de 2024 onde nos conta como el mesmo descubriu en 1957 un dicionario (os autores eran Acevedo Huelves e Fernández Fernández) que lo atraeu como el imán atrae as limaduras de ferro, e que recollía léxico dese galego irredento.

Que en paz descanses, amigo, escritor, político e filólogo Xosé Luís Méndez Ferrín. Seguiremos el camín del futuro sen esqueicer ningúa das primaveras nas que, non solo as xentes de clases asoballadas, senón tamén centos de poetas condenados al desterro, peteiros de escritores e intelectuales invencibles, firmes, tenaces e resistentes preservaron a lingua que nos transmitiron os nosos antepasados. 

Sempre serás luz dos arraianos, aura e ronsel de porvir, ese futuro que se esconde detrás dúa porta verde esperanza.

 


D.E.P.

Enrique González Álvarez/ Quique Roxíos

Axuntar, asociación prá normalización del galego de Asturias

19/11/2026

 

Enrique González Alvarez 1,2

1 Poeta en galego de Asturias coel pseudónimo de Quique Roxíos

2 É Membro da executiva de Asociación Axuntar e Licenciado en Dereto.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.